viernes, 4 de noviembre de 2016

X CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por décimo ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando únicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.
5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 30 de novembro de 2016.
6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma. A maiores, os 1º premios recibirán un libro electrónico.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 17 de decembro de 2016 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.


DÍPTICO COAS BASES PARA IMPRIMIR

martes, 4 de octubre de 2016

VIII CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO: MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

Despois do éxito das sete primeiras edicións, o 23 de outubro de 2016 (domingo) celebrarase pola mañá, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a oitava carreira popular pedestre Arumes do Corgo, que dende a pasada edición, e como homenaxe ao gran artífice tanto da asociación como da propia carreira, pasou a denominarse "MEMORIAL QUIQUE CASANOVA".


Limiar
Servizos para os participantes
Categorías
Circuítos
Premios
Inscrición:
Normas para os participantes
- Divulgación:
Resultados
Premiados









miércoles, 8 de junio de 2016

ACTIVIDADES DE ARUMES/CEC

Actividades que a A.C. Arumes do Corgo e o C.E.C., teñen previsto realizar os próximos meses:

XXIXª Travesía da Costa Naviega (Navia- Asturias).-  Domingo 19 de junio
Programación: 9-10h concentración dos participantes no prado do  Bao. 10:30h saída. Dende as 16:00 h ata as 20:00h festa na dársena do muelle.
Recorrido: desde o punto de saída ata a dársena do muelle de Navia (20kms).
Avituallamentos: No lugar de saída chocolatada. En Tornil: mermelada, queixiños e auga. Praia de Frejulfe: bolsa de comida. Praia de Coedo: sangría.
Prazo máximo para apuntarse1 de xuño

- Camiño de Santiago (Camiño Portugués):   1ª Etapa  : Rubiàes- Tui
Percorrido aproximado: 19,1 km

A  Fundación Casa-museo  Manuel Maria de Outeiro de Rei, convidanos ao 3ª Convivio da Cultura Galega a celebrar o sábado 9 de xullo na Carballeira de Santa Isabel

- Viaxe  comercial: a Festa da Virxe do Carme en O Grove.- Sábado 16 de xullo
Prazo máximo para apuntarse:  7 de xullo:
(Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 35 persoas).

- III  Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. ArumesDomingo 17 de xullo
Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)
Hora: As 14 h-  Cada socio que queira participar, terá que poñerse  en contacto cos socios organizadores, para indicar o  nº de persoas que vai levar á xuntanza. O importe total dividirase  polo número de asistentes que participen.
Prazo máximo para apuntarseDomingo 10 de xullo

- Viaxe  comercial: “Finca Galea” en Alfoz.- Sábado 30 de xullo
En Finca Galea visitaremos o seu enorme xardín  e o museo etnolóxico da auga
Prazo máximo para apuntarse17 de xullo:
(Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 35 persoas).

- Viaxe gastronómica: Festa do bonito de Burela. agosto

miércoles, 27 de enero de 2016

ACTIVIDADES DE ARUMES/CEC

Actividades que a A.C. Arumes do Corgo e o C.E.C., teñen previsto realizar os próximos meses:
    • Teatro: O grupo de teatro os Baluros poñeran en escea a  obra “ O menciñeiro á forza”  Sábado 23 de abril.
    Sinopse: Marta é a muller de Nicasio, un xornaleiro bonachón. Ela provócao e el acaba por zoupala, pero sen facerlle dano. Como Marta coñece a bondade do seu marido, sabe que este vaina querer recompensar. Por iso que maquina unha vinganza: facerlles crer aos criados de Don Xulián, que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla, que Nicaso é un dos mellorciños que hai. Os criados levan a Nicasio pola forza a ver a Engracita, a cal perdeu a fala non se sabe porque mal. Pero todo é ficticio, o que pretende Engracita é que seu pai a deixa casar co seu mozo e non con quen Don Xulián ten planeado. Ao final todo acaba ben, pero non se pode contar máis.
    Hora: 20:00h, no Centro Sociocultural do Corgo.
    • Ruta de sendeirismo polas Rías Altas (Espasante, Vicedo...). Percorrido aproximado: 17,8 km. Sábado 14 de maio.
    Prazo  máximo para apuntarse: 7 maio.
    • IX Encontro  das Asociacións: Sábado, 28 de maio. Asociación organizadora: A Canteira de Neda ( Ferrol).
    Programación: 10:00h Xuntanza no Albergue do Camiño Inglés (desembocadura do rio Xubia, onde empeza a Ría de Ferrol). Faremos un percorrido de 2km, polo camiño inglés.  A continuación faremos a “Ruta dos Muíños”: 9 km. Con avituallamento na Área de Maciñeiras.
    13:40 h xantar no pabellón do Roxal.
    Prazo máximo para apuntarse e pagar: 15 de maio.
    • Excursión a Zaragoza-Calatayud. Sabado 4 e domingo 5 de xuño.
    Prazo  máximo para apuntarse: 14 de abril.
    (Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 40 persoas).
    • III  Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes do Corgo: Domingo 17 de xullo.
    • Viaxe gastronómica: Festa do bonito de Burela. Agosto.

      sábado, 24 de octubre de 2015

      IX CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

      Por noveno ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

      1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
      2. Categorías:
      - CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
      - CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
      - CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
      3. Modalidades:
      - POESÍA (de 30 a 60 versos).
      - RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
      NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

      4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando únicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.
      5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 23 de novembro de 2015.
      6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
      Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma. A maiores, os 1º premios recibirán un libro electrónico.
      7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
      8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 19 de decembro de 2015 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
      9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
      10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

      Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.


      DÍPTICO COAS BASES PARA IMPRIMIR

      jueves, 8 de octubre de 2015

      VII CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO: MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

      Despois do éxito das seis primeiras edicións, o 25 de outubro de 2015 (domingo) celebrarase pola mañá, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a sétima carreira popular pedestre Arumes do Corgo, que dende esta edición e como homenaxe ao gran artífice tanto da asociación como da propia carreira, pasará a denominarse "MEMORIAL QUIQUE CASANOVA".


      Limiar
      Servizos para os participantes
      Categorías
      Circuítos
      Premios
      Inscrición:
      Normas para os participantes
      - Divulgación:
      Resultados
      Premiados

      sábado, 22 de noviembre de 2014

      VII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

      AMPLÍASE O PRAZO DE ENTREGA DE TRABALLOS PARA O VII CERTAME LITERARIO TERRA DE CHAMOSO ATA O DÍA 5 DE DECEMBRO.

      O prazo amplíase para a entrega de traballos de todas as categorías (infantil, xuvenil e adultos). Os traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).

      A entrega de premios terá lugar o sábado día 20 de Decembro no Centro Sociocultural do Corgo.